Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Suposta corrupción no PP, tamén en Galiza

O goberno español confía en que o proceso contra a Gürtel vaia adiante malia a posíbel invalidez das escoitas

O diario 'El País' adiantou esta cuarta feira a que podería ser a decisión do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid.

Redacción - 12:30 24/03/2010

O goberno español manifestou a súa confianza en que o proceso xudicial contra a trama de corrupción Gürtel continúe adiante, con independencia do que decida o Tribunal Superior de Xustiza de Madrid sobre a validez como probas das escoitas de conversacións entre os acusados e os seus avogados.

Tanto o ministro de Xustiza como o de Fomento, Francisco Caamaño e Xosé Blanco, respectivamente, fixeron declaracións ao respecto desta posibilidade, adiantada esta cuarta feira polo xornal madrileño El País.

"Agardemos e deixemos traballar os xuíces", reclamou Caamaño, subliñando que o proceso está aínda en fase preliminar e que "aínda vai ter moito percorrido". Blanco, pola súa banda, opinou que "anular unha das probas non significa absolutamente nada". "Eu confío na Xustiza e estou seguro de que a verdade vai a resplandecer ao final", engadiu o tamén número dous do PSOE.

Querela no Supremo contra Garzón
Preguntado pola actitude do xuíz da Audiencia Nacional Baltasar Garzón, que foi quen ordenou gravar as conversas no marco da instrución da Gürtel, o vicesecretario xeral dos socialistas a nivel estatal replicou que "o sorprendente é que quen investiga os delitos ao final acabe sendo investigado".

O titular de Xustiza, pola súa banda, eludira xa con anterioridade pronunciarse sobre a actitude de Garzón, que se enfronta a unha querela no Tribunal Supremo precisamente por gravar e incluír no sumario do caso conversas entre os acusados e os seus avogados, entre outras as do ex secretario de Organización do PPdeG, Pablo Crespo.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: