O acordo chega para contrarrestar a construción de novos asentamentos por parte de Israel, e será ratificado esta fin de semana na xuntanza que se organiza en Libia.
A Liga Árabe reúnese sábado e domingo
Os ministros de exteriores dos países árabes reunidos na cidade de Sirte, en Libia, acordaron esta quinta feira unha doazón de 500 millóns de dólares (uns 375 millóns de euros) aos palestinos de Xerusalén, co fin de contrarrestar a construción de novos asentamentos por parte de Israel.
A decisión será ratificada polos líderes destes países na xuntanza da Liga Árabe que se desenvolve este sábado e domingo. O conflito en Palestina está previsto que capitalice boa parte do debate. Os medios destacan o efecto de unión que provoca este asunto, máis aínda após as últimas decisións do goberno israelí.