Eugène Terre'Blanche fundou en 1973 o AWB, grupo político e paramilitar moi activo durante o Apartheid.
Eugène Terre'Blanche
O líder sudafricano de extrema dereita, Eugène Terre'Blanche, de 69 anos e fundador do Movemento de Resistencia Africano (Afrikaner Weerstandsbeweging, AWB), foi asasinado a machetadas nunha súa leira ao norte do país.
O seu corpo foi atopado ao redor das 18.00 horas deste sábado e ao parecer estaba durmindo no momento do ataque. Segundo as primeiras investigacións, foi atacado por un home e un menor -xa detidos- que traballaban para el logo de manter unha discusión por uns salarios sen pagar, informou a Policía.
O cadáver do líder do AWB, que avogaba pola reinstauración do Apartheid en Suráfrica, foi atopado na cama con feridas na cara e na testa. Sobre el había un machete e ao carón da cama, un bastón, informan axencias de noticias locais. No entanto, algunhas voces vinculan a morte coas recentes tensións raciais.
Terre'Blanche fundou en 1973 o AWB, un grupo político e paramilitar sudafricano de ideas racistas e extremas que pretende restaurar unha república independente en Suráfrica. Chegou a contar cunha milicia paramilitar asociada durante a época do Apartheid.