Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
Tensa xuntanza

O conflito de Oriente Próximo frea o acordo sobre auga da Unión do Mediterráneo

O desacordo sobre o eufemismo co que referirse á situación de Palestina impide pacto sobre abastecemento de auga, chamado a ser un dos problemas prioritarios da rexión en breve.

Redacción - 09:00 14/04/2010

"Territorios ocupados" ou "territorios baixo ocupación" foi dunha das discusións que estiveron enriba da mesa ao respecto de Palestina e Israel durante a xuntanza dos 43 países da chamada Unión polo Mediterráneo.

O foro contaba coa máxima representación ministerial dos estados integrantes para debater un asunto urxente: ver de definiren unha estratexia conxunta de xestión de recursos hídricos. Nos cartafoles estaba o máis recente informe das Nacións Unidas ao respecto, onde se agoira quen en menos de tres lustros arredor de 290 millóns de persoas da ribeira mediterránea van sufrir de severas limitacións no acceso a auga. A ONU é clara na advertencia: será unha das principais fontes de conflito e enfrontamentos sociais e territoriais en moi pouco tempo. Por riba, xa na actualidade son máis de 40 millóns de persoas as que na zona non teñen acceso a auga potábel. Sexa como for, o documento estratéxico que debera aprobarse na reunión de Barcelona este martes e que proxecta o aforro dun 25% da auga consumida anualmente na actualidade, queda de momento paralizado.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: