Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Reforma estatutaria

"Feijoo ataca a condición de nacionalidade histórica de Galiza", di o PSdeG

O conservador Guillermo Jiménez designado novo relator da resposta ao recurso do PP ao estatuto catalán, logo de fracasar a quinta versión.

Redacción - 18:40 16/04/2010
Xaquín Fernández Leiceaga

Xaquín Fernández Leiceaga

O portavoz parlamentario do PSdeG, Xaquín Fernández Leiceaga, lamentou este venres que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, "non quere" un Estatuto "ambicioso" e considerou que este feito constitúe "un ataque á condición de Galiza de nacionalidade histórica, de primeira división, co mesmo rango que Cataluña e o País Vasco".

"Cando nos di que con independencia da sentenza non vai optar por un estatuto ao nivel do catalán, dinos que non lle importa nada", incidiu o socialista, en referencia ás declaracións de Feijoo sobre o proceso do Estatut no Constitucional, esta quinta feira.

Segundo Leiceaga, o que procura Feijoo é "gañar tempo para non levar a cabo a reforma do Estatuto". "Nunca quixo" reformar a carta estatutaria, dixo o socialista, tal e como demostrou durante a súa etapa como líder da oposición, ao "frustrar" o proceso, e "recentemente", na votación dunha iniciativa socialista.

"Non quere colocar o noso autogoberno ao nivel doutras comunidades históricas", censurou. "E é un asunto de enorme transcendencia", sentenciou.

Quinto aprazamento da sentenza sobre o estatuto catalán

Por outra banda, o vicepresidente do Tribunal Constitucional, o conservador Guillermo Jiménez, foi designado este venres novo relator da resolución sobre o recurso do PP ao estatuto catalán logo do fracaso da quinta versión presentada por Elisa Pérez Beira, do sector progresista, e que xa contemplaba a anulación de 15 artigos e a reinterpretación doutra vintena.


4,44/5 (9 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: