Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Polémica publicidade repartida polo partido

"Non queremos romaneses", di o PP en Badalona

"Se en 2011 son alcalde poderemos saír polo barrio coa seguridade de non ser acosados ou atracados", di o PP nun folleto que vencella inseguridade e inmigración.

Redacción - 09:15 26/04/2010

"O teu barrio é seguro?" di o título do folleto. Polo medio aparecen imaxes de cartaces con lemas como "non queremos romaneses" e as palabras "inseguridade" ou "sucio" con fotos de xitanos de fondo á beira de coches queimados e lixo na rúa.

"O colectivo xitano romanés que se instalou en Badalona veu delinquir", respondeu Xavier García Albiol, o concelleiro e responsábel do PP en Badalona, a terceira cidade en tamaño de Cataluña, ao ser preguntado ao respecto desta campaña polos xornalistas.

Poden ampliar en La Vanguardia.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: