Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Proposta a debate este mércores

Bouza convida os senadores galegos do PP a votar a prol do uso da lingua na Cámara Alta

O senador do BNG espera que o PSOE, que avanzou o apoio á iniciativa, non aproveite a tramitación "para rebaixar o contido da proposta".

Redacción - 18:00 26/04/2010
Senado / Imaxe: wikipedia

Senado / Imaxe: wikipedia

"O importante para a nosa lingua é que se fale e se normalice na nosa terra, mais o BNG non renuncia a abrirlle portas e novos espazos". Explicábao este luns Xosé Manuel Pérez Bouza, senador do BNG, ao respecto da proposta asinada por un conxunto de 34 representantes na Cámara Alta de diversas formacións políticas en favor do plurilingüismo no Senado.

O debate da proposta será este mércores 28 de abril e desde o PP xa anunciaron que votarán en contra do uso de galego, éuscaro e catalán no Senado. Ao fío, o senador ourensán do Bloque dirixiuse directamente aos nove representantes galegos baixo as siglas do PP instándoos a que non voten "en contra do galego". Recordou ademais que un deles, Manuel Fraga, "foi durante 16 anos presidente da Xunta" e está na Cámara designado polo Parlamento de Galicia. Na opinión de Pérez Bouza, un posicionamento en contra desta iniciativa exemplificaría de novo "a manía persecutoria do PP polo idioma galego".


4,43/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: