Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
'Manifesto de Vigo'

Plan de portos, depuración de rías... Moito que virar para a relación sustentábel co mar

Na xuntanza paralela á cimeira de ministros, ducias de colectivos sociais asinan un documento de propostas que lle será entregado á Axencia de Pesca da UE.

Redacción - 12:25 05/05/2010

Os 19 mil novos amarres que en toda a costa do país pretende instalar o Plan de Portos; as rías sofren de grave contaminación pola escasa depuración de augas; máis do 80% dos caladoiros están sobreexplotados, un 30% deles por baixo do límite de seguridade biolóxica, e as ¾ partes do peixe que se consume na UE procede de importacións...

Destes e doutros temas falouse no encontro que de xeito paralelo á xuntanza dos ministros de Pesca ten lugar en Vigo esta semana. Aló estiveron representantes de até 70 colectivos, entre outros: A Ría Non se Vende, Ecoloxistas en Acción, Galiza Non se Vende, Marcha Mundial dás Mulleres, Salvemos Pontevedra, Verdegaia, WWF ou Greenpeace. A xeito de conclusións, asinaron o que cualifican como 'Manifesto de Vigo', onde salientan a necesidade urxente de tratar dun modo "radicalmente distinto" a relación co medio mariño, onde se teña en conta "a contorna natural e a protección ás prácticas pesqueiras tradicionais e sustentábeis".


Manifesto de Vigo
(...)
De xeito concreto, a cidadanía, a través do manifesto de Vigo, propón unha serie de alternativas que considera imprescindíbeis para poder desenvolver unha cultura da sustentabilidade co medio mariño:

1. Necesidade urxente de crear plans de xestión a longo prazo do medio mariño, que teñan en conta elementos tan importantes como a posibilidade de coxestión das flotas pesqueiras artesanais e marisqueiras, un enfoque ecosistémico baseado en argumentos contrastados cientificamente, etc.

2. A creación dunha rede de áreas mariñas, eficaz, dinámica e que teña en conta a todos os axentes implicados na súa creación e sostemento.

3. Acabar coa indefensión do sector pesqueiro artesanal e marisqueiro, ante a destrución da costa e as verteduras ao mar.


4/5 (4 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Contracumio a prol dun cambio nas políticas cara ao medio mariño
Contracumio a prol dun cambio nas políticas cara ao medio mariño
En Galiza o 87% das embarcacións censadas son de baixura (un total de 4.549 barcos) Imaxe: porto de Bueu / Flickr:triat3d
En Galiza o 87% das embarcacións censadas son de baixura (un total de 4.549 barcos) Imaxe: porto de Bueu / Flickr:triat3d