Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Eleccións no Reino Unido

Cara a un Westminster sen maiorías

Os británicos votan desde as 7.00 horas desta quinta feira nas eleccións máis competidas en 36 anos. O SNP escocés aspira a ser cuarta forza a nivel estatal.

Redacción - 10:35 06/05/2010
Os tres aspirantes a primeiro ministro

Os tres aspirantes a primeiro ministro

Os colexios electorais abriron ás 7.00 horas no Reino Unido (unha máis en Galiza) para unha longa xornada de votación, onde 44 millóns de cidadáns rexistrados para participar nos comicios máis incertos en décadas terán até as 22.00 horas para depositar a súa papeleta.

Os electores deberán designar os representantes políticos que ocupen os 650 asentos do parlamento británico, onde tamén están representados escoceses, galeses e irlandeses do Norte. Ademais, até 164 autoridades locais de Inglaterra organizan eleccións, con catro alcaldías en xogo.

4.150 candidatos aspiran a un escano en Westminster, onde esta lexislatura había dez partidos con representación. Nesta ocasión, existen dúbidas sobre a posibilidade da entrada de novas formacións, entre estas, xenófobo o Partido Nacionalista Británico (BNP, nas súas siglas en inglés).

Resultados de madrugada

As lexislativas desenvólvense cinco anos despois das últimas, cando o Laborismo se fixo coa maioría absoluta por terceira vez consecutiva. Daquelas a participación foi do 61%, mais nesta ocasión as previsións apuntan a un aumento de arredor de cinco puntos.

A maioría das circunscricións comezarán a contar as papeletas ao peche dos colexios, aínda que en 20, especialmente en Escocia e Irlanda do Norte, o reconto non empeza até o día seguinte. As primeiras estimacións prevense contra a medianoite en Galiza.

En calquera caso, debido ao axustado das previsións, é improbábel que o novo reequilibrio de forzas en Westminster se concrete até as primeiras horas do venres, segundo expertos consultados por axencias arredor das 3.00 ou 4.00 horas (hora local).

Lexislativo sen maiorías
De se confirmar as estimacións que apuntan as enquisas, as urnas darían paso a unha nova fase de negociacións, unha práctica apenas empregada no Reino Unido nas últimas décadas, posto que o precedente máis recente dun Lexislativo sen maiorías data de febreiro 1974.

Por entón, a inestabilidade derivada da debilidade do Executivo motivou unha nova convocatoria electoral no outono dese mesmo ano. Un desenlace alertado nesta ocasión polos dous principais partidos, fronte á "oportunidade" que supón para a, de momento, terceira forza.

Previsíbel bo resultado do SNP
Para o cuarto posto parte en boa posición o SNP. Segundo unha última enquisa publicada polo xornal The Scotsman, o apoio aos nacionalistas escoceses aumentaría sete puntos, máis ca ningunha outra forza das illas. Isto significaría ser a segunda forza en Escocia e a cuarta en todo o Estado.


Máis información


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: