Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Negociacións para un goberno de coalición

Cameron agradece a disposición de Clegg e exponlle unha "oferta aberta"

O profundo euroescepticismo de Cameron fronte ao europeísmo de Clegg -que mesmo chegou a pedir a entrada do Reino Unido no euro- principal obstáculo.

Redacción - 17:30 07/05/2010
Cameron, antes da conferencia

Cameron, antes da conferencia

O candidato conservador ás eleccións no Reino Unido, David Cameron, expuxo este venres unha "grande oferta aberta" ao líder liberal demócrata, Nick Clegg, para colaborar "polo interese nacional" nun Goberno "máis estábel e forte" que o Executivo de minoría que podería formar en virtude do maior número de escanos e votos obtidos este 6 de maio.

Nunha intervención sen preguntas na sede do seu partido, Cameron agradeceu a Clegg a súa disposición a concederlle a primeira oportunidade para formar un Executivo, como forza coa máis ampla representación no Parlamento. No entanto, aproveitou para subliñar a necesidade de que este acordo "se faga axiña".

De feito, poucos minutos antes da intervención de Cameron, o primeiro ministro, Gordon Brown, concedera a ambos "o tempo que sexa necesario" para que explorasen posibilidades de colaboración que, de fallar, levarían aos laboristas a aproveitar a súa quenda para se aproximaren aos liberal demócratas.

Diferenzas programáticas
Malia perder escanos, a terceira forza ten a chave para a nova Administración, polo que o aspirante tory, que ficaría a uns 20 asentos da maioría, propuxo "traballar xuntos" na loita contra o déficit, un sistema político que cualificou de "roto" e os problemas sociais.

Entre as principais diferenzas, o profundo euroescepticismo de Cameron en contraposición ao europeísmo de Clegg, que mesmo chegou a pedir a entrada do Reino Unido no euro, ou sobre a política de armamento nuclear. E unha cuestión clave defendida polos liberal demócratas: a reforma do sistema electoral, que na actualidade favorece o bipartidismo.


Máis información


1/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: