Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A VOLTAS CO CELTISMO

O embaixador británico apela ao pasado celta para enxalzar a relación con Galiza

Giles Paxman presentou de xeito oficial a cónsul honoraria no noso país, María García de la Concha.

Redacción - 10:30 09/05/2010

Giles Paxman, embaixador do Reino Unido no Estado Español, presentou oficialmente a nova cónsul honoraria en Galiza, María García de la Concha, que xa estaba desenvolvendo as súas funcións dende hai case un ano. Nun acto que tivo lugar na Coruña, Paxman non dubidou en facer un canto aos estreitos lazos que xunguen o noso país coas illas británicas. Así fixo especial fincapé no “pasado celta común”, na tradición atlántica e marítima.

María García de la Concha, de procedencia leonesa, traballa como avogada en Vigo dende 2001. Nesta cidade do sur de Galiza está a sede do Consulado Honorario.


5/5 (16 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: