Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
'Unidos na diversidade lingüística'

As linguas minorizadas de Europa, a golpe de pedal

Emmanuel Le Merlus, da Bretaña, percorrerá en bicicleta 67 nacións sen estado e territorios lingüísticos. No inverno ten previsto chegar a Galiza.

Redacción - 11:40 20/05/2010
De camiño a Cornualla / Ouest-France

De camiño a Cornualla / Ouest-France

Emmanuel Le Merlus, bretón e presidente da asociación 'Unidos na diversidade lingüística' (UDL), partiu a pasada fin de semana de Pondi, na súa terra, en dirección a Kernow, a primeira das 67 nacións sen estado e territorios de Europa con linguas minorizadas que prevé visitar.

Le Merlus, afeccionado ao ciclismo, considera que "a diversidade lingüística é un muro de contención para evitar a uniformización da cultura", segundo recolle o xornal Ouest-France. O obxectivo principal é dar a coñecer a súa lingua, a bretoa, mais tamén para descubrir outras culturas. En cada un dos lugares se ha entrevistar con organizacións vinculadas coa defensa da lingua.

Para a súa viaxe calcula que precisa de 18 mil euros (un euro por cada un dos quilómetros que aproximadamente vai pedalear), dos que xa conseguiu 15 mil grazas ás axudas de escolas Diwan (de inmersión), de administracións locais e do patrocinio dunha entidade financeira do país, e do apoio de figuras históricas do ciclismo como Bernard Hinault.

Ademais de Cornualla, o percorrido inclúe o resto de nacións das illas británicas. De alí viaxará en barco deica Frisia e posteriormente os países escandinavos. Baixará cara ao centro e sueste de Europa. Á Península Ibérica e, concretamente, a Galiza ten previsto chegar no inverno, previo paso por Córsega. O seu periplo rematará coa súa visita a Flandres, para regresar de novo á Bretaña.


5/5 (16 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: