Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ELECCIÓNS

Os colombianos elixen o sucesor de Uribe

O candidato oficialista do Partido da U, Juan Manuel Santos, e o independente do Partido Verde, Antans Mockus, disputan a presidencia.

Redacción - 11:00 30/05/2010
Segundo as enquisas, o máis probábel é que Santos e Mockus pasen á segunda volta

Segundo as enquisas, o máis probábel é que Santos e Mockus pasen á segunda volta

Cunhas enquisas que vaticinan uns resultados moi axustados, case 30 millóns de colombianos están convocados este domingo ás urnas para elixir o sucesor de Álvaro Uribe na Presidencia de Colombia. Os candidatos con máis opcións son Juan Manuel Santos, candidato oficialista do Partido da U, e Antanas Mockus, do Partido Verde.

Os comicios celébranse entre grandes medidas de seguridade coas Forzas Militares e a Policía nacional en máxima alerta en todo o pais. O máis probábel é que se teña que celebrar unha segunda volta entre estes dous candidatos, prevista para o vindeiro 20 de xuño.

Quen é quen?
Santos é xornalista, economista e administrador de empresas e promete a continuación das políticas aplicadas por Uribe, de quen foi ministro de Defensa, especialmente no eido da seguridade, mediante a ofensiva do exército e da policía contra as FARC. No inicio da campaña, a conservadora Noemí Sanín, era a súa principal contrincante, mais foi perdendo peso nas enquisas de intención de voto a favor de Antanas Mockus, do Partido Verde, a verdadeira sorpresa deste período. Mockus é filósofo, matemático, de orixe lituana e foi dúas veces alcalde de Bogotá. Defende campañas pedagóxicas sobre o respecto á vida e o cumprimento das leis, polo que afirma que o seu goberno pasará da “seguridade democrática”, o emblema de Uribe, “á legalidade democrática”.

A maiores, nestas eleccións compiten tamén Robinson Devia (Movimiento La Voz de la Conciencia), Rafael Pardo (Partido Liberal), Jaime Araújo (Alianza Social Afrocolombiana), Jairo Enrique Calderón (Apertura Liberal), Gustavo Petro (Polo Democrático Alternativo), Germán Vargas (Cambio Radical) e a propia Noemí Sanín (Partido Conservador).


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: