O presidente de Exipto, Hosni Mubarak, ordenou a apertura do paso fronteirizo de Rafah, pechado desde 2007.
O Exército de Israel abateu este martes pola mañá dous palestinos armados que tentaban cruzar a fronteira polo sur. Ademais, outras tres persoas morreron nun ataque aéreo sobre o norte de Gaza , segundo informaron os servizos de emerxencias e recollen as axencias internacionais.
Por outra banda, o presidente de Exipto, Hosni Mubarak, ordenou a apertura da fronteira coa Faixa como consecuencia do ataque á Flota da Liberdade. O paso fronteirizo de Rafah permanecía pechado desde 2007, aínda que se abre moi puntualmente en ocasións especiais de urxencia médica.