O finado faenaba nunha praia próxima á zona do Centolo, mentres que o segundo facíao nas inmediacións da Cova do Inferno.
Praia do Mar de Fóra, en Fisterra
Un dispositivo de Salvamento Marítimo tenta localizar un pescador desaparecido este sábado na Illa de Ons, concretamente nas inmediacións da Cova do Inferno, onde se atopou unha peza de roupa desta persoa.
Segundo informaron fontes de Salvamento Marítimo a Europa Press, ás 12.00 horas deste domingo un avión substituíu o helicóptero Pesca I, que estaba previsto que se volvese incorporar sobre as 20.00 horas para inspeccionar a zona "até que marche a luz".
Ademais, dúas embarcacións de Salvavento Marítimo, canda un da confraría de Bueu e outro de Medio Rural, procuran por mar, e persoal de Protección Civil faino por terra. O lugar, oeste da Illa, caracterízase polas fortes correntes.
Fontes do 112 informaron de que o aviso se recibiu ás 00.22 horas, cando a parella do pescador alertou de que este saíra a pescar e aínda non regresara.
Ademais, Salvamento Marítimo recuperou este sábado nas inmediacións do faro de Fisterra o corpo sen vida dun pescador que faenaba nunha praia próxima á zona do Centolo. O Pesca 1 atopou o cadáver ás 16.35 horas.