Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CRISE

Acordo en EUA para a maior reforma financeira das últimas décadas

As medidas contemplarán un maior control sobre os "mercados" e os investimentos de risco.

Redacción - 13:10 25/06/2010

A Cámara de Representantes e o Senado de EUA acadaron este venres un acordo histórico para darlle luz verde á maior reforma do sector financeiro dende 1930. Vinte horas de negociación e meses de dicusión. A lei podería entrar en vigor no vindeiro mes de xullo.

Segundo o xornal The New York Times, a reforma estivo en perigo debido ás fortes presións de grupos empresariais e financeiros. De feito, os senadores republicanos chegaron a bloquear dúas veces a reforma no Senado.

A nova regulamentación aposta por unha maior protección dos consumidores e un control máis ríxido dos investimentos de risco dos grandes grupos.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: