Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Predicións

O medre da economía galega está supeditado ao das CC.AA do Estado

Este ano caerá un 0,1% este ano, aínda que "mellorará" e crecerá un 0,8% en 2011, segundo Hispalink.

Redacción - 10:00 02/07/2010

A economía galega experimentará unha contracción do 0,1% no presente exercicio, aínda que a evolución será "lixeiramente menos mala" que a da media do Estado, onde se prevé unha caída do 0,5%, segundo as predicións de Hispalink.

A responsábel desta entidade no noso país, Carmen Guisán, destacou que a taxa de variación do PIB o próximo ano será tamén "lixeiramente" mellor ca nivel estatal, un 0,8% por un 0,6%, respectivamente. Porén, serán Madrid, Murcia ou Navarra as comunidades que lideren o crecemento.

Entre os factores que contribúen a esta mellor evolución da economía galega respecto á estatal, apuntou ao "bo comportamento da industria". Sostén que o seu desenvolvemento "se mantén" e prevé unha taxa de variación do 1,2% para 2011.

A burbulla inmobiliaria, a xuízo de Guisán, foi "menor" no noso país, onde os niveis de actividade neste ámbito de produción son "bastante altos", actualmente. A experta considerou, ademais, "moi interesante" o comercio galego tanto no Estado como fóra deste.

No entanto, matizou, que a evolución da industria galega dependerá da capacidade de compra das comunidades autónomas. Tamén o presidente de Hispalink, Antonio Pulido, indicou que en xeral o crecemento da economía galega estará supeditado a que tamén o fagan as comunidades do Estado.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: