A segunda maior economía do mundo decide entre o Partido Democrático de Xapón do primeiro ministro Naoto Kan ou o Partido Liberal Democrático, no poder durante 50 anos.
Naoto Kan é o primeiro ministro xaponés (PDX)
Os xaponeses acoden este domingo ás urnas para elixir a metade dos seus representantes na Cámara Alta, nunhas eleccións que poñen a proba a confianza política no Partido Democrático de Xapón (PDX) do primeiro ministro Naoto Kan e nas súas políticas para reducir a débeda pública do país.
No poder dende hai tan só dez meses, Kan representa o centro-esquerda, e chegou ao poder o ano pasado prometendo un cambio político e económico despois de preto de 50 anos de goberno do Partido Liberal Democrático de Xapón (PLD). Se ben Kan permanecerá no poder sexa cal for o resultado das eleccións, precisa contar coa maioría na 'Sangiin' (a Cámara Alta) se quere evitar que a oposición boquee as súas medidas contra o déficit, que xa é o maior de entre todos os países desenvolvidos.