Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Tag: automocion

15/Xuño/2010 /

Preocupación pola deslocalización a Marrocos de empresas de automoción

O Bloque pide que a valoración da Xunta sobre as consecuencias da fuga de empresas galegas ao norte de África.


24/Marzo/2010 /

Feijoo anuncia que destinará 120 millóns de euros a apoiar o sector da automoción

O presidente adianta que PSA-Citroën vai precibir entre 35 e 40 millóns para “desenvolver novos modelos”.


7/Xaneiro/2010 /

A compra de coches novos cae en Portugal ao nivel máis baixo das últimas dúas décadas

A patronal pídelle ao goberno de Sócrates que manteña as axudas para a adquisición de automóbiles novos.


10/Decembro/2009 /

O maior ERE galego afectará o vindeiro ano a 770 traballadores

A maior factoría de Vigo despois de Citroën presenta un expediente de regulación de emprego temporal de 45 días e prevé prexubilar os maiores de sesenta anos.


7/Xullo/2009 /

As vendas mundiais de PSA Peugeot-Citroën caen un 14%

Entre xaneiro e xuño o grupo automobilístico francés vendeu 1,58 millóns de vehículos en todo o mundo.


1/Xuño/2009 /

General Motors declárase en creba

A compañía recibirá outros 30 mil millóns de dólares procedentes da Administración estadounidense para acometer a súa reestruturación.


30/Maio/2009 /

A canadense Magna consegue a beizón alemá para engulir a Opel

A Fiat retirouse da poxa, polo que a solución do grupo Magna, con 70 mil empregados en 25 países, é a elixida pola Opel para salvar a crise.


24/Maio/2009 /

"Non pagues polo coche do veciño"

Diversos colectivos poñen en dúbida a eficacia dos apoios directos ao sector da automoción e reclaman investimentos en transporte público.


19/Maio/2009 /

O Goberno deseña un plan para a automoción "adaptado á oferta e á demanda" galegas

O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, presentou este sistema de axudas, tamén relacionado coa "condución ecolóxica e segura".


18/Maio/2009 /

Feijoo anuncia un plan de axudas para mercar automóbiles que van dos 500 aos 1.500 euros

O presidente galego reuniuse co Clúster da Automoción, e presentou este sistema que, segundo dixo, supón un 40% máis que as subvencións do goberno español.


15/Maio/2009 /

A Xunta promoverá un plan específico de axudas á automoción

Feijoo adiantou que os principais axentes do sector coñecerán a vindeira semana o borrador do plan, que incluirá axudas directas á compra.


15/Maio/2009 /

Feijoo "dille non á salvación de Citroën", opina Caballero

O alcalde de Vigo pídelle á Xunta que non rexeite o plan de axudas á compra de coches.


15/Maio/2009 /

A axuda para compra de coche será de momento de 1.500 euros

O conselleiro de Industria critica a iniciativa do goberno español e non aclara se a Xunta achegará os 500 euros extra propostos.


Plan Prever
14/Maio/2009 /

O sector da automoción reclama un plan Prever "galego"

Entende que calquera medida é boa pero cualifican de "publicitaria" a iniciativa do goberno español.


14/Maio/2009 /

"Non castigue os galegos para facerlle a onda a Rajoy", pide Vázquez

O líder do PSdeG esixiulle ao presidente galego que colabore coas medidas anunciadas polo goberno español para o sector da automoción.


28/Abril/2009 /

Citroën volverá empregar traballadores eventuais pola suba da produción

Os sindicatos aseguran que está confirmado o calendario para maio, con catro días de paro no sistema un.


Citroën aumenta produción e mantén quenda de noite
17/Abril/2009 /

Citroën aumenta produción e mantén quenda de noite

A empresa calcula a produción até o verán de 25 mil vehículos, o que garante o traballo para uns 900 empregados eventuais.


7/Abril/2009 /

Perto de dous mil traballadores da automoción aínda non cobraron as prestacións

A CIG denuncia que 800 empregados de GKN Driveline non recibiron ningunha indemnización. Porén, a maior parte das auxiliares de Citroën están nesta situación.


26/Marzo/2009 /

A Citroën non lle chegan as axudas do goberno español

O grupo PSA describiunas como "realmente decepcionantes", e o Clúster deulle a razón, laiándose da "escasa sensibilidade" de Zapatero con Galiza.


21/Marzo/2009 /

Malestar na automoción pola feble inxección de axudas do goberno español ao sector

Os sindicatos cren que o peso do sector en Galiza xustificaba un esforzo maior por parte da administración estatal.