 
		Os sindicatos denuncian que abre a porta a que a lingua de apoio sexa só o español, redundando en que o galego non serve para certas materias.
 
		Aseguran que a pregunta sobre a lingua materna é "tendenciosa", "tramposa" e "agocha intencións contrarias ao galego".
 
		A Consellaría de Educación remitiu aos centros educativos o cuestionario no que as familias indicarán cal é a lingua materna dos fillos.
 
		A organización a prol dunha rede privada de ensino na lingua propia do país mantivo esta semana reunións co AS-PG, STEG, CIG-Ensino e Nova Escola
 
		O profesorado de lingua portuguesa afirma que a Consellaría de Educación está a favorecer o inglés e o francés fronte aos outros idiomas.
 
		O máximo órgano de participación na educación do país desbota o documento con 24 votos a favor 16 en contra. Máis dun cento de manifestantes da plataforma Queremos Galego celebraron a "pequena vitoria".
 
		O deputado socialista Guillermo Meijón insiste en que debe ter garantido, como mínimo, o 50% do total das materias, incluídas as terceiras linguas.
 
		O deputado socialista Guillermo Meijón insiste en que debe ter garantido, como mínimo, o 50% do total das materias, incluídas as terceiras linguas.
 
		Todos, agás ANPE, consideraron a xuntanza unha “farsa” e que “non había intención de negociar”. Mentres, Anxo Lorenzo lamentou o incidente.
 
		Case todas as comunidades dispoñen dunha plataforma web. Mentres, Xesús Vázquez presentou o proxecto ABALAR, que centra as novas tecnoloxías nas aulas.
 
		O sindicato afirma que esta situación non lles afecta aos centros concertados, o que prexudica tanto o alumnado como o profesorado en listaxes de substitucións.
 
		Hai apenas dúas semanas, a consellaría tiña decidido que a opinión dos pais fose meramente orientativa. A presión de dirixentes próximos a Galicia Bilingüe provocou fortes tensións internas, nas que non faltaron filtracións xornalísticas interesadas. Dámoslle algunhas claves.
 
		O texto presentado por Educación introduce algunhas mudanzas con respecto ao borrador e fixa materias que se impartirán obrigatoriamente nunha ou noutra lingua. O idioma vehicular no ensino infantil será o maioritario entre os alumnos. En Primaria e Secundaria os pais terán certa marxe de decisión para facer cambios cada catro anos. 
A plataforma aproveita as redes sociais para intentar mobilizar á cidadanía para que participe nunha protesta ás 11.30 horas.
 
		O Consello da Xunta aprobará a nova normativa de linguas no ensino non universitario antes de que remate este mes.
A CIG dá por seguro o anuncio será en vésperas da ponte do 19 ou xusto antes de Semana Santa. O STEG critica que a Xunta filtre a un medio contidos do decreto.
 
		A xustiza e o ensino son os ámbitos onde "o Estado vulnera" de xeito "moi evidente" o documento. Expertos europeos participan na reunión, este luns e martes.
 
		Mestres de Galiza, Euskadi e Cataluña colaborarán en prol da defensa das respectivas linguas e en protesta polo "monolingüísmo español que enxalzan algúns grupos de presión".
Os conservadores pecháronlle a porta á creación dunha comisión parlamentaria, tal e como tiña pedido o Consello da Cultura.
 
		Presionado polo seu propio partido e abrumado pola repercusión mediática, o rexedor 'popular' réstalle importancia ao sucedido no pleno do luns.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto