Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Tag: galiza2009

13/Maio/2009 /

Que cambiou en Galiza nas últimas eleccións, nunha ollada

O Laboratorio de Enxeñaría Cartográfica da UDC analiza en mapas a evolución do voto no país entre 2005 e 2009.


16/Marzo/2009 /

"Por unha Galiza quinindiola!"

Velaí a frase gañadora do certame "Propón un lema". Resolveuse ademais o sorteo do concurso de prognósticos electorais "A túa aposta".


14/Marzo/2009 /

Así foi a noite electoral segundo 'Retranca'

Quintana e Touriño protagonizan este mes a publicación humorística. Falta lles fai botar unhas risas!


11/Marzo/2009 /

PSOE e BNG sumaron cinco mil votos máis có PP

Os resultados, que aínda non son definitivos, deixan aos populares con 789 mil apoios, e ás forzas do bipartito con 794 mil.


Feijoo, nunha declaración de intencións, rexeitou que vaia gobernar de xeito partidista nesta lexislatura
5/Marzo/2009 /

Núñez Feijoo comprométese a "potenciar" os acertos do bipartito

O futuro presidente da Xunta di ser "consciente" dos 750 mil votos de PSdeG e BNG e que "se equivocan" os que cren que será "sectario".


4/Marzo/2009 /

Dez consellarías e xente de fóra do partido, revela Feijoo do Goberno en preparación

O líder do PPdeG e próximo presidente da Xunta avanza tamén a presentación parlamentaria dunha proposta de "consenso" para a elección do director da CRTVG.


4/Marzo/2009 /

Reflexión electoral no blogomillo: da derrota dunha xeración ao punto final inesperado

Achegámoslles unha escolma de artigos aparecidos logo da noite do 1M ao respecto da viraxe política en Galiza.


3/Marzo/2009 /

Dedicación exclusiva pero non paridade, avanza o PP sobre o novo Goberno

"Haberá mulleres", avanza Alberto Núñez Feijoo, de paso que subliña que os deputados electos nos que confíe para consellarías deberán deixar o escano.


3/Marzo/2009 /

O mapa do voto: tendencias e viraxes que abrollaron o 1M

Achegámoslles imaxes resumo da evolución do voto ás tres forzas con representación parlamentaria, concello a concello, entre as citas de 2005 e 2009.


O independentismo de esquerdas permanece na marxinalidade electoral
3/Marzo/2009 /

O independentismo de esquerdas permanece na marxinalidade electoral

Menos de tres persoas por cada mil das que votaron o domingo optaron por algunha das dúas únicas forzas arredistas: FPG ou NÓS-UP.


3/Marzo/2009 /

Mapa de voto do BNG: moderado aumento da cota rural e afundimento urbano

Resumimos no mapa o cambio no sufraxio aos nacionalistas en todos os municipios do país.


3/Marzo/2009 /

Mapa de poder do PSdeG-PSOE: dispersos incrementos e descenso en contornos clave

Así se moveu o apoio dos electores aos socialistas entre os comicios de 2005 e 2009.


3/Marzo/2009 /

Mapa de poder do PP: músculo atlántico e lenta erosión no interior

Achegámoslles imaxe resumo da evolución do voto ao Partido Popular, concello a concello, entre as citas de 2005 e 2009.


2/Marzo/2009 /

O BNG anuncia un proceso interno de reflexión do que sairá un novo liderado

Anxo Quintana afirma que será o Consello Nacional e as asembleas comarcais as que debatan nos vindeiros meses o futuro da organización. En outono a Asemblea Nacional proclamará un novo candidato.


2/Marzo/2009 /

Reaccións á dimisión de Touriño

Os socialistas culpan á coalición co BNG e á crise do seu retroceso e lamentan non ter adiantado as eleccións, como se valorara en agosto.


2/Marzo/2009 /

O voto emigrante pode deixar ao PP cun escano menos en Ourense

Os socialistas, a só 300 votos de roubarlle aos populares ese último escano, necesitan apenas repetir o resultado obtido en 2005 entre os emigrantes.


2/Marzo/2009 /

Derrogar o decreto e converter galescolas "en garderías", prioridades de Feijoo

O futuro presidente da Xunta tamén adiantou que entre os seus obxectivos iniciais estará o de paliar os efectos da crise con rebaixas nos impostos.


2/Marzo/2009 /

Sorpresa por uns resultados que se consideran un castigo ao bipartito

Persoas colaboradoras de Vieiros, expertas e representantes de medios de comunicación do país, de Euskadi e de Cataluña, expresan de viva voz a súa opinión sobre as eleccións.


2/Marzo/2009 /

O PP gaña en todas as cidades con ampla marxe e apoios superiores ao 41%

Significativo avance en todas as cidades do país, cunha ampla marxe, nunca menor de nove puntos, e apoios superiores en todos os casos ao 41%.


2/Marzo/2009 /

"É unha cuestión que lle corresponde a el", di Barcón da posíbel dimisión de Touriño

"Xa haberá tempo" para facer unha análise con máis detalle", comentou a secretaria de Organización do PSdeG-PSOE.