Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Moción rexeitada

O PP teima no Senado coa presunta discriminación aos castelánfalantes

"O PP pretende reducir as linguas cooficiais a espazos coloquiais", laiouse o senador galego Xosé Manuel Pérez Bouza durante o debate.

Redacción / Europa Press - 09:00 15/05/2008

Unha vez máis, o PP quedou só na defensa dunha moción, desta volta no Senado, onde lle instaba ao goberno español a que "garanta o ensino en lingua castelá en toda España e en todas as etapas educativas". O senador encargado de defender a moción do PP, Juan Huguet, asegurou que "nalgunhas comunidades se está impoñendo a lingua desa autonomía e se está a esquecer o castelán, a través dun sistema de inmersión lingüístico que discrimina aos nenos que teñen a lingua española como lingua materna". Huguet falou de supostas "trabas" e "dificultades" dos pais á hora de educar en castelán aos seus fillos.

"Paróuselles o reloxo", ironizou por exemplo por parte da Entesa a senadora María Baig ao respecto das argumentacións do PP, expresando a súa "tristura" pola posición defendida polos populares. Do mesmo xeito, o senador do BNG, Xosé Manuel Pérez Bouza, dixo que "o ensino do castelán está garantido en todo o Estado español" e que con esta iniciativa parlamentaria o PP pretende reducir as linguas cooficiais "a espazos coloquiais".

Por parte do PNV, Miren Leanizbarrutia reprochoulle ao PP que presentase "unha moción que distorsiona e crea malestar nos que creen na polifonías das linguas", e pediulles que "non vexan como inimigas" a lingua vasca, catalá e galega. Pola súa banda, o senador do PSM-EN Pere Sampol garantiu "que ningún só neno de Catalunya, Comunidat Valenciana, Illes Balears, Galicia e Comunidat Valenciana descoñece o castelán cando remata o colexio". "Non está nin ameazado nin en perigo de desaparecer o castelán, de feito son as outras linguas as que están a sufrir un retroceso", criticou Sampol.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: