Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Tag: xose-manuel-perez-bouza

O Senado aproba ampliar o uso das linguas co voto en contra do PP e co encabuxamento de Manuel Fraga
28/Abril/2010 /

O Senado aproba ampliar o uso das linguas co voto en contra do PP e co encabuxamento de Manuel Fraga

O ex presidente da Xunta ergueuse do seu escano para responder en castelán a Pérez Bouza, do BNG: "Non lle consinto leccións de nada, moito menos de galeguismo".


16/Xuño/2009 /

O BNG incorpórase ao grupo do PNV no Senado

Os nacionalistas vascos perderon un membro en favor do PP, un espazo que ocupará o Bloque, a través do senador Xosé Manuel Pérez Bouza.


11/Maio/2009 /

Demándanlle ao goberno español que recoñeza a fibromialxia como enfermidade "incapacitante"

Tamén piden que se promova un labor de "sensibilización e formación" dos sanitarios. Esta doenza causa o 6% das consultas de Atención Primaria en Galiza.


Pérez Bouza (no centro) nunha xuntanza con simpatizantes do BNG en Bos Aires
19/Febreiro/2009 /

"En ningún caso queremos limitar o dereito a voto dos emigrantes"

Entrevista de Débora Campos co nacionalista, de visita en Bos Aires e Montevideo para lles achegar aos galegos da diáspora o programa electoral da formación.


17/Decembro/2008 /

Confirmado que non se votará en urna, cando menos vaise depurar o censo?

Entre mortos, duplicados e outros erros, hai un 30% de inscricións indebidas na emigración. O Senado debate unha moción que pide amañar as irregularidades.


16/Decembro/2008 /

Á procura de parques eólicos vía Madrid e de costas á Xunta

O Senado aproba instar o goberno español a non autorizar os parques de máis de 50 MW que teñan informes desfavorábeis da Xunta.


28/Outubro/2008 /

Sen compensación para os municipios aos que lles recortaron ingresos polos encoros

O senador do BNG, Xosé Manuel Pérez Bouza, insiste en que hai ferramentas legais, pero o executivo español négase a atender os municipios onde recualificaron o valor catastral dos encoros.


13/Outubro/2008 /

Até 14 concesións en trámite na barra libre hidroléctrica do Miño-Sil

"Un auténtico despropósito", critica Xosé Manuel Pérez Bouza (BNG), denunciando ademais a pasividade da Consellaría de Medio Ambiente respecto dalgún dos proxectos máis agresivos.


15/Maio/2008 /

O PP teima no Senado coa presunta discriminación aos castelánfalantes

"O PP pretende reducir as linguas cooficiais a espazos coloquiais", laiouse o senador galego Xosé Manuel Pérez Bouza durante o debate.


14/Maio/2008 /

Zapatero admite que "dispersión e avellentamento" influirán no sistema de financiamento

O presidente do goberno español asegura que se vai manter para Galiza o 8% dos investimentos do Estado en infraestruturas.


17/Marzo/2008 /

Cara ao Senado: de apaño para equilibrios internos á reforma pendente

Confirmado que o PP non lle moverá o sillón a Manuel Fraga, o ex deputado do PSdeG Xavier Carro e o voceiro do BNG na Deputación de Ourense, Xosé Manuel Pérez Bouza, son os outros candidatos por "designación autonómica".