Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Primeira desde a chegada de Obama

Nova condena da ONU a EUA polo bloqueo a Cuba (e van 18 seguidas)

O documento aprobouse por unha esmagadora maioría: 187 votos a favor, tres en contra e dúas abstencións.

Redacción - 11:00 29/10/2009
Resultado da votación

Resultado da votación

Por 18º ano consecutivo e no primeiro desde que Barack Obama chegou á Casa Branca, a Asemblea Xeral da ONU votou esta cuarta feira unha resolución contra o bloqueo económico, comercial e financeiro imposto polos Estados Unidos sobre Cuba hai xa medio século.

O documento de condena aprobouse por unha esmagadora maioría: 187 votos a favor, tres en contra (EUA, Israel e Belau) e dúas abstencións (Micronesia e Illas Marshall).

Durante a súa intervención ante o plenario da Asemblea antes da votación, o chanceler cubano, Bruno Rodríguez Parrilla, denunciou o "cruel e inhumano" bloqueo e lamentou que desde a chegada de Obama á presidencia dos EUA "non se produciu ningún cambio no embargo económico, comercial e financeiro contra Cuba".

Ao respecto, o portavoz do Departamento de Estado do país norteamericano, Ian Kelly, afirmou: "Non cremos que sexa o momento de levantar o embargo. Considerarémolo cando o goberno de Cuba comece a tomar pasos positivos cara á diminución da represión contra a súa propia poboación".


Máis información:


5/5 (5 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: