Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Mudanza de estratexia desde este luns

Gandeiros Unidos acorda recoller leite de novo, mais os tractores continuarán en Compostela "para presionar"

Confirman que convocarán "máis" vehículos á explanada de Salgueiriños para organizar "algunha visita" á sede da Xunta.

Redacción - 11:15 20/12/2009
Tractores concentrados en Santiago

Tractores concentrados en Santiago

A organización agraria Gandeiros Unidos acordou este sábado volver recoller leite nas explotacións do país nunha asemblea organizada na explanada de Salgueiriños, aínda que os tractores continuarán concentrados na capital "para presionar" a Xunta na súa reclamación dun prezo "digno" do produto en orixe.

Segundo destacou un dos voceiros, Andrés Señarís, os gandeiros reivindicarán unha solución á crise do sector leiteiro "doutro xeito desde o luns", cando han facer outra asemblea. Neste senso, sinalou que deixarán de acudir a centros comerciais para deitar o leite como medida de protesta.

No entanto, Señarís confirmou que convocarán "máis tractores" á explanada de Salgueiriños, fronte á sede da Xunta, en San Caetano, e indicou que prevén organizar "algunha visita" como a que realizaron esta semana ao complexo administrativo.

Discrepancias co resto de sindicatos
Sobre as discrepancias que xurdiron co resto de sindicatos agrarios en canto ás protestas, que algúns grupos cualificaron de "agresivas", o voceiro de Gandeiros Unidos recoñeceu que "tirar leite por aí" non tivo a aceptación que pensaban, polo que deixarán de facelo "para non ter problemas".


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: