Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
NA CASA DO PP

A capital ourensá dálle as costas a Baltar

O candidato á presidencia do PP en Ourense, Jiménez Morán, conseguiu máis apoios na cidade ao gañar en catro dos cinco distritos.

Redacción - 11:35 15/01/2010
Jiménez Morán conseguiu os avais exixidos (242) nos concellos de máis de cinco mil habitantes

Jiménez Morán conseguiu os avais exixidos (242) nos concellos de máis de cinco mil habitantes

O Couto, A Ponte, San Francisco e o Centro. Catro dos cinco distritos nos que se circunscribe a capital ourensá deron o seu apoio ao candidato popular Xoán Manuel Jiménez Morán fronte ao seu opositor Manuel Baltar Blanco, que conseguiu a maioría dos votos no distrito de Mariñamansa.

O alcalde de Verín (PPdeG) conta así coa confirmación de 158 avais dos 185 escollidos na capital de Ourense. Con todo, o reparto foi especialmente discutido na zona Centro e no barrio de San Francisco, onde Baltar quedou a 10 papeletas de obter os 83 compromisarios designados pola militancia.

Este reconto pon sobre a mesa os verdadeiros apoios cos que contan un e outro candidato e cales serán os seus avais reais de cara ao congreso provincial. Baltar e Morán teñen de prazo até o vindeiro 28 de xaneiro para recoller as sinaturas de cada un dos 1212 compromisarios con dereito a voto que son afíns á súa candidatura.

Xosé Manuel Baltar conta, segundo os seus cálculos, co apoio do 75% dos compromisarios escollidos en urna (preto de 900). Mentres, Morán conseguiu o mércores, nos 10 concellos de máis de cinco milleiros de habitantes, superar con case 300 delegados o mínimo exixido (242 avais, é dicir, o 20% do plenario) para concorrer ao congreso.

Ao tempo, un e outro seguen facendo diferentes manifestacións nos medios de comunicación. Sobre as declaracións de Baltar nas que auguraba unha ampla maioría, Morán asegurou que "segue magnificando as cousas" como "xa fixo en toda a campaña".


Ligazóns

3,67/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: