O coñecemento que temos sobre a realidade plural do Vello Continente vese limitado con frecuencia á unha visión centralista e estatalizada. Fóra fica o seu cerne, a auténtica esencia e espírito de Europa: os pobos, as nacións e as minorías que a conforman.
Dende Vieiros pensamos que as eleccións europeas son unha boa oportunidade para coñecermos mellor esta diversidade. A multiculturalidade, lonxe de nos afastar, debe ser clave na creación dunha Europa real. E neste labor cómprenos a vosa colaboración.
Nas próximas semanas, irémosvos achegando algúns desoutros xeitos de ver o mundo, análises que cos vosos comentarios, coas vosas experiencias, hannos de servir para construírmos o auténtico puzzle europeo. Porque esta Europa facémola entre todos.