Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Eleccións Galiza 2009

RSS de Eleccións Galiza 2009
PSdeG EN VIGO E PONTEVEDRA

Touriño comprométese a aplicar totalmente da Lei de Dependencia

O candidato socialista á presidencia da Xunta de Galiza promete a creación de 10 mil prazas en escolas infantís para favorecer a conciliación laboral e familiar.

Redacción - 19:14 16/02/2009
Touriño visitou este luns o mercado de Teis e a praza de abastos de Pontevedra

Touriño visitou este luns o mercado de Teis e a praza de abastos de Pontevedra

Primeiro no mercado de Teis (Vigo) e logo na praza de abastos de Pontevedra, Emilio Pérez Touriño, reiterou os seus compromisos en materia de muller e dependencia. O secretario xeral do PsdeG prometeu que a vindeira lexislatura será a da aplicación da Lei de Dependencia. Así, asegurou que para promover unha maior conciliación da vida familiar e laboral, se crearán nos vindeiros catro anos 10 mil prazas en escolas infantís. Nesta liña, tamén se comprometeu a ampliar o horario de apertura dos centros educativos co ofrecemento dun maior número de actividades extra-escolares e a universalizar os comedores.

No referente ás políticas de igualdade, Touriño adiantou que o seu partido apostará por discriminar positivamente ás empresas para que realicen proxectos neste sentido, que fomenten igualdade salarial entre homes e mulleres. Asemade, garantiu a apertura de xulgados contra a violencia de xénero nas sete grandes cidades galegas e propuxo a creación dun fondo de indemnizacións para as mulleres maltratadas. Neste eido, recordou o seu compromiso de formar un goberno paritario e de apostar polo incremento de mulleres en postos de responsabilidade. Así, aproveitou para pedir ás mulleres que lle dé a "forza dos seus votos": "non pararei até facer realidade o soño dun país en igualdade; voten aos que fan da igualdade o seu motivo para estar en política", insistiu.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: