Así titula o ex presidente Pérez Touriño o seu artigo para a Fundación 10 de marzo.Achéganse tamén opinións de Albino Prada e Santiago Lago.
O voceiro parlamentario do BNG, Carlos Aymerich, destaca a "dignidade" e "discreción" no paso a "un segundo plano" do ex presidente. O voceiro do Bloque na Cámara desexoulle "sorte" a Emilio Pérez Touriño na súa vida "profesional, política e persoal". Doutra banda, afirmou que a nova colle "un chisco por sorpresa" aos nacionalistas e dixo non esperar que Pérez Touriño dese agora ese paso.
"Unha opción persoal que hai que respectar", afirma o voceiro do grupo parlamentario do PPdeG, Manuel Ruíz Rivas.
"Penso que é unha boa decisión. Sempre me pareceu un técnico que por h ou por b foi empurrado ó primeiro plano da política, e nunca o vin cómodo nese novo papel. Pásalle coma min, non ten o que hai que ter para a política: mentir e que non che se note", reflexiona José Luís Sucasas.
O ex deputado Anxo Guerreiro considera que non é unha novidade que Emilio Pérez Touriño abandone agora a Cámara, onde "xa non mantiña actividade parlamentaria" e subliña que con seguridade o ex presidente da Xunta "vai seguir tendo voz na sociedade galega".
Apela á necesidade de "xerar novamente a forza dun proxecto autónomo, críbel e propio".
Alén da autocrítica, o ex presidente critica a campaña do PP "planificada milimetricamente para danar e desgastar a costa do que fose o adversario político".
O presidente saínte subliña que o Goberno deixa "todos os instrumentos" necesarios para determinar os lugares onde non se deberan conceder licenzas.
O presidente en funcións subliña que as arcas públicas quedan con 351 millóns de euros, un 29% máis do que deixou Fraga en 2005.
O presidente saínte cualifica de "intolerábel" a presión do PP para o traspaso de poderes, recordando que hai un goberno en funcións e que a lei xa fixa os pasos do proceso.
Con Manuel Vázquez como favorito nas quinielas, a comisión xestora do PsdeG inicia a rolda de reunións nas catro provincias.
O novo líder do partido serao tamén do grupo parlamentario e encargado de intervir nos grandes debates, á marxe do voceiro na Cámara.
"Non estraguedes o futuro que comezamos a construír", advertiulle Pérez Touriño á militancia, afirmando ver unha "encrucillada decisiva" neste fin de campaña. "Galiza nunca contou tanto no Estado", subliñou antes ca el Rodríguez Zapatero.
O presidente do Goberno e candidato do PsdeG á reelección introduciu a suxestión este xoves á saída do Consello da Xunta.
O candidato socialista á presidencia da Xunta asegura que destinará o 0,7% á cooperación e propón aumentar o número de bolsas adicadas aos voluntarios.
O candidato socialista á presidencia da Xunta de Galiza promete a creación de 10 mil prazas en escolas infantís para favorecer a conciliación laboral e familiar.
O líder do PSdeG destaca a inxección de 225 millóns na Vía Ártabra e a Terceira Rolda na cidade herculina. "Un anel de 30 km que ordenarán a accesibilidade de toda a área urbana da Coruña", subliña.
"Feijoo quería que deixáramos os nosos cartos nas mans dun irresponsábel político", advirte en alusión a Carrera.
O líder do PSdeG asegura que facilitará o acceso a FP, universidade e empresas dos descendentes da emigración.