As brigadas propias, que se crearan hai nove anos, están a ser desmanteladas: non se cobren vacantes e non reciben o material preciso.
Unha empresa privada asumirá traballos de coordinación e deseño dos plans de extinción. A Xunta nega que esta cesión de funcións sexa novidosa.
SOS Courel e Adega denuncian os estragos producidos na vexetación autóctona co pretexto da súa rexeneración hidrolóxica e forestal.
O obxectivo é crear unha rede de cooperación para a ordenación dos territorios forestais da Eurorrexión.
En Galiza, 16 empresas adícanse á fabricación deste tipo de envases, unha industria que xera 235 postos de traballo directo e un volume de negocio anual de 23 millóns de euros.
A Xunta incrementa o gasto en dous millóns de euros e o persoal en 38 brigadas. Mentres, Seaga mantén a súa convocatoria de folga para o vindeiro xoves.
Tales serían algúns dos factores máis determinantes que fan a Galiza zona prioritaria de alerta fronte ao lume, segundo o último informe científico.
Acusan a empresa de arramplar con 80 hectáreas de bosque indíxena protexido para plantar eucaliptos.
Perante o recente anuncio das consellerías do Medio Rural e Industria de promover a construcción de novas centrais de biomasa en Galiza dentro do Plano de Aproveitamento da Biomasa Forestal Residual, ADEGA quere expresar a súa preocupación polo protagonismo do aproveitamento enerxético fronte á compostaxe. As plantas enerxéticas de biomasa poden ser unha alternativa máis para tratar os materiais provintes dunha xestión forestal integral, mais non a única. Recuperar a materia orgánica para contribuir a diminuir a perda de fertilidade dos nosos solos mediante a compostaxe debería ser unha prioridade.